tradRLQ Servizos Lingüísticos

Especializámonos en ofrecer servizos de tradución e revisión de textos a particulares, empresas, despachos de avogados, editoriais e institucións.

En tradRLQ somos profesionais da tradución con acreditación universitaria e varios anos de experiencia no sector.

Dende o noso compromiso profesional, garantímoslle un servizo de calidade, un cumprimento estrito dos prazos e a absoluta confidencialidade de toda a súa información dende o primeiro contacto connosco.

Ademais, en tradRLQ traballamos sen intermediarios, o que nos permite ofrecerlle un servizo de atención ao cliente personalizado e eficaz, un control exhaustivo do seu proxecto e prezos competitivos.

Confíenos os seus textos; axudarémoslle a conseguir que reflictan a profesionalidade, seriedade e dedicación que vostede pon no seu traballo.

  • Por que contratar tradutores profesionais?

    A nosa formación específica e experiencia como tradutores profesionais avalan non só que temos un coñecemento profundo da lingua orixe do texto que se nos confía, senón que ademais posuímos unha serie de competencias igualmente necesarias para poder ofrecer unha tradución de calidade:
    • Dominio da lingua de destino, como garantía dunha redacción correcta (a nivel gramatical, sintáctico, ortotipográfico...) que reflicta con precisión e naturalidade os contidos e o estilo do texto orixinal.
    • Disposición dos recursos necesarios (dicionarios, glosarios, gramáticas, manuais de estilo, enciclopedias, tesouros, corpus, etc.) que permiten desenvolver o traballo con adecuación léxica e coherencia estilística.
    • Pericia no uso das técnicas de documentación para acadar unha alta precisión terminolóxica, que facilitará unha lectura fluída da tradución, coma se estivese redactada orixinalmente por un experto na materia.
    • Control dos tempos de traballo, o que permite desempeñar o labor con eficacia e garantir o cumprimento dos prazos.
    • Excelente manexo das últimas tecnoloxías aplicadas á tradución, para ofrecer un traballo de maior profesionalidade e calidade.

    En tradRLQ garantímoslle esa fiabilidade a prezos razoables.
  • Que vantaxes ten contratar os servizos de tradRLQ?

    • Servizo accesible, práctico e sinxelo. Se o desexa, pode acceder á zona exclusiva de clientes. Alí disporá dun espazo privado e con gran capacidade, dende o que poderá solicitar e recibir novos encargos e xestionar e controlar todos os seus proxectos de maneira práctica, rápida e sinxela.
    • Atención ao cliente personalizada e eficaz. En tradRLQ controlamos directamente todas as fases do proxecto e favorecemos a comunicación tradutor-cliente. Deste xeito podemos adaptarnos moito mellor ás súas necesidades.
    • Prezos competitivos. Ao traballar sen intermediarios podemos ofrecer unhas tarifas máis axustadas. Ademais, para maior transparencia e precisión, aplicamos as tarifas en función do número de palabras do texto orixe. Así sempre poderá coñecer o custo final antes de iniciar o proxecto.
    • Xestión do formato. Como sabemos que transmitir unha boa imaxe é tan importante para vostede como para nós, ademais de ocuparnos do contido, coidamos cada detalle e esforzámonos por que todos os documentos traducidos conserven o aspecto do orixinal.
    • Confidencialidade. En tradRLQ comprometémonos a gardar absoluta confidencialidade sobre calquera información que nos proporcione por calquera medio e en todo momento, incluso tras a finalización da relación contractual.
    • Garantía de calidade. Seguimos unha rigorosa metodoloxía e creamos para cada proxecto un pequeno glosario e manual de estilo de uso interno. Así asegurámonos de manter a homoxeneidade na terminoloxía e no estilo ao longo de todas as entregas do proxecto e de acadar un nivel de calidade extra.
    • Compromiso de satisfacción. Para nós o máis importante é a súa satisfacción: se non queda totalmente satisfeito, traballaremos en colaboración con vostede ata que o resultado o satisfaga por completo.